Pitch and Putt

Esta semana temos a sorte de contar co Clube de Pitch and Putt do Barbanza (http://www.barbanzagolf.es/ ) Este deporte axúdanos como terapia antiestrés, mellora a flexibilidade e a musculatura, as articulacións sufren menos impacto que noutro deporte, mellora a capacidade de atención… Polo que nos animamos a probalo e esperamos que vós tamén!

 

Anuncios

Chapas recicladas

Os xogos tradicionais favorecen á creatividade de todos nós. Fai anos, había menos recursos, polo que a nosa imaxinación conseguía explotar o máximo deles. Así puxemos hoxe en funcionamento a nosa capacidade creativa nos circuitos de chapas!

Postura do corvo

 

Antes de chegar a esta postura practicamos a asana de Malasana. Isto axúdanos a flexibilizar o tendón de Aquiles e o músculo tibial, relaxa e tonifica os músculos da cadeira, estira as ingles, fortalece a espalda e o abdomen. Quedaron abraiados ao ver os seus logros.

 

Psicomotricidade fina

É importante desenvolver a motricidade fina mediante a destreza das mans, dos dedos, a coordinación óculo- manual… Guialos pero ao mesmo tempo deixalos experimentar, dado que esto repercutiralle posteriormente na escritura, no seu tono muscular… Podemos aproveitar calquer espacio e material para traballala, así que… adiante !